martes, 30 de octubre de 2007

¿Estades mirando ou vendo?

" Ide máis alá do que os vosos ollos vos mostran, máis alá do superficial, máis alá dos simples comentarios nos que non queremos profundizar, máis alá do suxeito...chegade ó subxectivo"

Isto que vedes non é unha foto, é unha pintura de Antonio López, pintor hiperrealista español.
F.B.

domingo, 14 de octubre de 2007

Vai de Fotos


Esta foto que vedes aquí, é considerada a primeira foto permanente da historia. O seu creador foi Joseph-Nicéphore (1765-1833). Despois de moitos intentos no 1827 conseguiría unha vista do patio da súa casa, empregando un método chamado heliografía).

“ En ocasións as primeiras cousas son as que máis che marcan e as que levan a túa vida por un regueiro ben marcado e definido. Hai veces en que esas visións axúdanche a seguir adiante e outras veces a quedar estancados, mais sempre é bo ter o pasado como base do que facer no futuro”.



Deixovos aquí o vídeo de Juanes, "Fotografía". Unha boa descripción do que son as fotografías e as lembranzas das mesmas. En ocasións aferrámonos a recordos físicos para non esquecer...

FB.

domingo, 7 de octubre de 2007

Libros: El Psicoanalista




"Feliz 53º cumpleaños doctor. Bienvenido al primer día de su muerte.
Pertenezco a algún momento de su pasado. Usted arruinó mi vida. Quizá no sepa cómo, por qué o cuándo, pero lo hizo. Llenó todos mis instantes de desastre y tristeza. Arruinó mi vida. Y ahora estoy decidido a arruinar la suya. Al principio pensé que debería matarlo para ajustarle las cuentas, sencillamente. Pero me di cuenta de que eso era lo más sencillo. Es un objetivo patéticamente fácil doctor. (...)Y dada la facilidad de ese asesinato, no estaba seguro de que me proporcionara la satisfacción necesaria. He dedicido que se suicide."

El Psicoanalista,John Katzenbach (2003)

Así comeza este libro que recomendo a todos que o lean. Un bo libro para pasar un bo rato e facer reflexións interesantes sobre o realmente importante na vida. A foto que podedes ver arriba foi unha das que me fixen na miña viaxe a Inglaterra. Non sei moi ben por que, pero á xente gústalle moito. Supoño que será síndrome post-clase de Fotoxornalismo, na cal tiña posta moitas das miñas esperanzas este ano (Tendo en conta o que me gustan as fotos, xa o sabedes os de Sheffield, que non parei en todo o día de andar coa cámara)...pero bueno...non foi o que esperaba, a ver se mellora. Bikos.