domingo, 29 de junio de 2008

Estratos

“O meu cerebro desconectouse cando lle mirei ós ollos. As súas palabras insonoras permitíanme descifrar aquela pupila enterrada en terra húmida que non deixaba de mirarme. E eu seguía asentindo. Quizais os subebaixa da miña meixela pertencían a un mecanismo que permitía por en marcha a máquina dos desexos, quizais só era froito dun tic nervioso...iso si, conseguía igualmente o efecto primeiro. Agora só quería articular unha palabra para que o meu estatus de persoa regresase, pero unicamente puiden dicir o seu nome: .”


K. Shutedi, Historia de un amor cuasi perdido


Regreso a este blogue coa esperanza de por en marcha novamente esta máquina de desexos que comezara hai dous anos, ó remate do camiño santiagués.