lunes, 16 de julio de 2007

Apóstolo. Baile nas rúas.

Hoxe, luns, continúa a festa en santiago quentando folgos para a queima da fachada a noite do 24. Hoxe pola tarde os rapaces poderán seguir disfrutando das actividades manuais e deportivas que durante este mes a ferradura vai ofrecer a tólolos cativos e mozos composteláns. O horario é de 18:00 a 21:00 H.
Pero a noite deixa paso ós maiores para disfrutar dos mellores ritmos caribeños e os mellores mestres para aprender a bailar salsa, bachata, capoeira, merengue, cumbia... A partir das 20.30 e até as 3:00 da noite poderemos ver e compartir bailes con auténticos profesionais dos bailes de salón, na especialidade de latino. A aqueles que sexades verdaderiros patos para isto do baile sempre podedes disfrutar destes mestres dos ritmos caribeños.
Para os máis enxebres e gustosos de ver arte en movemento recoméndolles as xornadas de folclore que a partir das 22:00 ofrecerán na praza da Quintana. Os grupos que amenizarán ós que se acheguen á praza serán:


Ultreia (Santiago)
Bilitroque (Carballo)
Trompos os pés (Marín)
Colexiata do sar (Santiago)

Para rematar as xornadas de hoxe xun bo son, a música tradicional toma a praza do Toural da man de Pradoiro. Disfrutade a tarde.

2 comentarios:

Veraeikon dijo...

Creo q definitivamente che daría un traballo como informador aínda q che quedasen 3 anos de carreira!
Dá justo ler os teus artijos,neno! Mellor q moitos xornais, iso por suposto! Mil beijos e coidateme!

Leyendo Retinas dijo...

E falta aí a Escola de Danza onde Deborah deu os seus primeiros pasiños :P (pero nunca os últimooos!!!!).

Escuela de Danza Perla de Arosa

(o de "Arosa" non é cousa miña ehh, é que a profesora é de "La Coruña" entón...)