jueves, 19 de julio de 2007

Vai de Cine. Manhattan;Curtocircuíto07.


Como cada xoves durante estes meses de verán as rúas de Santiago convértense en salas de cine para gozar dos mellores filmes. Hoxe temos dúas ofertas, unha no CGAC e outra na praza de Praterías.
A primeira delas vai dirixida a aqueles que lles gusta o cine e sobre todo ese cineasta tan particular como o é Woody Allen. A película que o o museo expón é Manhattan, unha homenaxe que o americano fai a Nova York. O filme é unha experimentación no branco e negro e unha máxima preocupación pola fotografía. Así, o director afirma: "Sinto verdadeira paixón e unha gran devoción cara a cidade de Nova York e penso que no filme vese da forma máis fermosa que se viu xamais no cine. Coidamos moito a fotografía e penso que é realmente impresionante".
A historia conta a vida dun escritor divorciado que aínda saíndo cunha rapaciña namórase da amante do seu amigo, unha muller da súa idade. Se queredes descubrir máis, e abofé que o hai, ide hoxe ás 22:30 ó CGAC, en caso de que o tempo non acompañe o filme mostrarase no museo do Pobo Galego.
Para aqueles que vos gusten os novos cineastas tendes á vosa disposición Curtocircuito 07, este xoves na Praza das Praterías a partir das 22:30. Hoxe mostraranse os mellores talentos de Sudamérica na creación de curtametraxes e microfilmes. As obras son de Costa Rica, México, Arxentina, Uruguai e Brasil. Os argumentos bailan entre o medo, a risa e o drama. Pasade unha boa noite de cine. Eu son dos de Woody, e ti?

1 comentario:

Veraeikon dijo...

Creo q se puidera ir eu tamén iría ver a de Woody Allen. A verdá é q non vin moito del, pero o arjumento desa pelicula pareseume interesante. De todos xeitos xa me comentarás se paja a pena e lojo verei q fajo!
Por serto! Vaia tute de avións!!!
1º Stgo-Madrid 22:10-23:15
noite no aeroporto
2º Cita ás 14:00 coa compañía, voo a Ámsterdam e ljo a Manchester
3º Autobús ata Sheffield!Mimaaaaaaaaa!!!!
E o peor é q ainda queda a volta,jejeje.Imos ter q durmir por turnos no aeroporto!
Bicos,meu rei!;)