domingo, 1 de julio de 2007

Comezando o meu camiño


Hoxe comezo este blog, esta fiestra baldeira onde vos ensinarei parte do que son. Xa fai un ano dende que vin por primeira vez a frecha amarela que me ensinaba o camiño a casa, a Santiago de Compostela. Eramos cinco os que comezamos esa viaxe e cinco, por sorte, os que a rematamos. Comezou a viaxe no tren entre revistas de dubidosa calidade que falaban non sei ben de que. As vías achegáronnos a Sarria, onde comezaría a nosa pequena andadura cara Compostela. As frechas amarelas e as sombras dos camiñantes guiáronnos no camiño mentres nos coñeciamos polo miúdo. Pasaron os días ata chegar cansos a aquela cidade de sobra coñecida para nós. Neses días pasaron moitas cousas que pouco a pouco vos mostrarei nesta, xa rematada, fiestra baldeira.

2 comentarios:

mishae8 dijo...

Bienvenido
de otra bienvenida
jajajaja

Ahora va a ser un rollo tenerte q postear en dos sitios....ya te vale!!
jajaja

actualiza mucho

Besos

Veraeikon dijo...

Joooooooooo, q ben escribe o cabrón,jeje. Déixoche o comentario para q vexas q lin o q escribiches,eh? Por serto, SHEFFIELDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDDD!!!!
Mima! Temos q ajuntarnos mutuamente durante un mes, q temble Inglaterra!jejejeje. Bikiños ;)