lunes, 9 de julio de 2007

Vai de Cine. Morte na Venecia.


Durante os meses de xullo e agosto, tódolos xoves a partir das 22:30 haberá un ciclo de cine ó aire libre no CGAC (Centro galego de arte contemporáneo). Este mes está adicado á importancia da iluminación e como esta axuda á comprensión dos filmes. O mes seguinte estará adicado ós musicais, un xénero que actualmente goza de boa saúde.
Hoxe centrareime na película desta semana, Morte na Venecia. O seu director, Luchino Visconti, fai unha adaptación da obra homónima de Thomas Mann, na que con escrupulosa exactitude plasma a esencia do libro. Deste xeito o filme carece prácticamente de diálogos o que fai que a fotografía e iluminación xoguen un papel fundamental para expresar as descripcións minuciosas que o premio Nobel de 1929 fai na súa novela. Aínda que na adaptación hai certos cambios iso non modifica a historia principal.
A acción ten lugar en Venecia, onde o compositor Von Aschenbach (poeta no libro) síntese atraído por un mozo adolescente. Este capricho sentimental leva ó tamén profesor, a unha decadencia psicolóxica que se transforma en física co contaxio da peste.
O filme está cheo de simbolixía que enriquece moito máis a acción principal e fai que cada aceno, ou imaxe cobren un valor moi superior ó que, a cotío, podemos divisar. Unha obra, pois, que recomendo a todos e todas pola súa singularidade estética e narrativa.

En caso de que o tempo non acompañe a película mostrarase no museo do Pobo Galego.

3 comentarios:

FiestraBaldeira dijo...

Teño que dicir que esta aficción polas novelas levadas ó cine venme dunha mestra de Literatura Universal que é Ana María Platas Tasende. Sen dúbida a persoa que me fixo estimar a literatura e descubrir o bo cine.

Veraeikon dijo...

Here I am, my friend! I leave you the comment here just to let you know that I've read your post,ok?
And I also wanna tell you that I'm looking for flights! I found 2 for 139'27€, which I think is very economical. Anyway, we should meet soon and plan this together! THE FLIGHTS CHANGE EVERY SINGLE DAY, you know...!

Bueno, só era para adentrarte no mundo anglosaxón un pouco antes de tempo e avisarte do que "is going on" ;) Veña wapo! Hoxe irei a Santiago, se me keda tempo para quedar chámote e falamos "face to face". Q paranoia a miña! Veña anda! Mil beijos ^^

mishae8 dijo...

oohh!!
q interesante lo dl cine al aire libre
es una pena q no pueda disfrutarlo
:(

besiños