sábado, 28 de julio de 2007

Vaguidades


Hoxe foi un día, gris, soleado, e cheo de pensamentos. Mentres facía compras que me acompañarán durante vinte días por terras inglesas, cavilaba en moitas cousas de difusa percepción. Persoas, xente, alguén en particular, si, alguén. Non sei ben quen, ou si, pero pouco a pouco a ferida cicatriza converténdose nunha boa lembranza, das mellores que terei, sen dúbida. Un soño, pois realidade non foi; un pensamento, aquilo que quizais cheguei a pensar, pero en todo caso plans inventados nun mundo ficticio que nunca ocorreu, pero que tivo consecuencias. Estas vaguidades acompáñanme agora a poucos días de marchar, non sei se por morriña anticipada, tamén inventada no meu mundo...non o sei. Pero pensamentos, que ó fin e ó cabo, axúdanme a explicar o que me rodea, o que penso e aquilo que pasará. Grazas a ese alguén que me axudou, e me axudará, non sei ben quen, pero seguro que alguén. Estes son os meus pensamentos que reconvertidos en vaguidades escapan pola fiestra para perderse polas olladas daqueles que , aínda que pucos, ledes as miñas cavilacións. Grazas

5 comentarios:

Leyendo Retinas dijo...

Good picture!

... but you are a bit strange... these words these words... umm jajaja

Bournemouth is cool!

Be happy!!!!!

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

gustoume, bonito, sinceiro ..algo misterioso e difuso..pero asé é a mente humana non? xDD tamén obviamente..tes que evitar dar demasiada información, non sexa que te delate..xDD

Ale, a pasalo ben por terras inglesas.:)

PD: paréceme FA-TAL que no fixeses ningunha alusión a Harry Potter en ningún dos teus múltiples blogs...jobaa xDDD

Leyendo Retinas dijo...

Bótote en falta...

Leyendo Retinas dijo...

Actualiza xaaa!!