lunes, 23 de julio de 2007

Apóstolo. Queima da fachada.

Mañán, hoxe ou onte (segundo o vexas) é, para min e para moitos o mellor da festa do Apóstolo, a queima da fachada gótica. Durante todo o día hai actividades e concertos que fan desta data as máis festeira de todas. Ás doce da mañán os máis tradicionais poderán gozar de animación de rúa, grupos de gaiteiros e do encontro de xigantes e cabezudos que terá lugar na Praza da Quintana, rematando a xornada matinal cunha sesión de pirotecnia entre o Cabido e o Concello.
Como cada tarde,e durante todo o mes, os pequenos seguen a ter á súa disposición a ferradura compostelán para xogar e pasalo en grande nas actividades que se lles ofrecen dende ás 18:00 ata ás 21:00. Ademais xa poderán gozar das atraccións que xa están listas para afrontar estas semanas festeiras dos santiagueses: noria, salta-montes, casa do medo...son algúns dos postos que poderemos ver.Pero a verdadeira festa comeza ás 23:30, onde a Praza do Obradoiro encherase dun extraordianario espectáculo de luz e son, coa mirada creativa de Manuel Coronado e Antonio Caballer. Fogos de artificios, imaxes, música...convertirán a praza compostelán nun emocionante campo de batalla pirotécnico. Unha vez se queime a fachada, a música filtrarase polas rúas da cidade con distintos concertos e actuacións. Ás 24:00 a Praza da Quintana recibirá de balde ó grupo Orishas. Á mesma hora, pero no paseo central da alameda de Santiago, a orquestra Lamas versionará as mellores cancións para divertimento de mozos e maiores.Para rematar, e na praza do Toural, o grupo The Ellas, liderado polo tamén actor Luís Tosar,dentro do Compostela Festival, fará unha homenaxe musical ás mellores cancións que as mulleres levaron ó máis alto. Pasade un bo día e que a auga non vos pare os pés.

2 comentarios:

Leyendo Retinas dijo...

Por fin puiden ver a queima da fachada! Vaia se está ben.

Deborahdúbida: aos de Santiago de Compostela chámasevos "santiagueses" ou "composteláns"?
...eu non sei onde lin (creo que na Muy Interesante) que "santiagueses" son, por exemplo, os de Santiago de Chile... (había outros Santiagos pero non recordo máis), pero non aos de Compostela.
Como é? :S

Leyendo Retinas dijo...

Aiii por ceeerto, que sempre estou pa dicircho pero sempre me esquezo: encántame a oración esa de "Falando dende a ignorancia".
Pero mooito moiito!